miércoles, 14 de mayo de 2008

Fin de semana sen liga e expulsión dos Red Skins


Esta fin de semana non haberá xornada na vigoenxogo pola celebración do día das letras galegas o Sábado 17. Disfrutade todos e cargade as baterias para o treito final da tempada, xa que pode que incluso academos a salvación......Porque outro equipo máis foi expulsado polo comité de competición de Vide. Nada máis e nada menos que os Red Skins, uns dos equipos punteiros nos últimos anos. Parece ser que un xogador deste equipo que xa foi castigado este ano cunha sanción exemplar volveu a ter problemas, e o equipo xa fora advertido que de continuar nesa actitude serían expulsados da liga. A min pareceme sinceramente unha pena, porque persoalmente ainda que moita xente tratou a este equipo tradicionalmente coma "marrulleiros", a miña experiencia xogando contra eles sempre foi de competitividade dura pero sá e noble, salvo contadas excepcións puntuais como pasa con todos os equipos. Pois nada, unha auténtica putada porque seguro que están pagando todos polo comportamento dun só xogador, pero non creo que os de vide den marcha atrás. Un saúdo e ánimo para eles.

Comentario sacado del blog de Bowling

No hay comentarios: